Galego Español
Benvidos

Benvidos a Nogueira de Ramuín. Tratamos de achegar o concello a tódolos usuarios e dar a coñecer a nosa terra valéndonos das posibilidades que brindan as novas tecnoloxías , vital para o desenvolvemento social, económico e cultural do momento que vivimos.

Novas

Horario Oficina de Turismo

AGOSTO CULTURAL 2018 Nogueira de Ramuín

Concerto CARLOS Núñez: Xira Lugares Màxicos

O próximo día 5 de Agosto,dentro da xira "Lugares Màxicos", teremos a oportunidade de asistir ao concerto do extraordinario músico galego Carlos Nuñez.

O evento terà lugar no Mosteiro de Sto.Estevo às 21:00h. e @s interesad@s poderàn adquirir as entradas na pàxina www.entradas.ataquilla.com

No Concello disporemos de un pequeno paquete de entradas que estaràn à venda a partir do día 23 de Xullo.

Para màis información, diríxanse ao Departamento de Cultura (988201023 - 988201525).

17º Festival Ribeira Sacra

O vindeiro día 27 de Xullo, darà comezo o Festival Ribeira Sacra, que ofrecerà, en distintos escenarios das provincias de Lugo e Ourense, un amplo abano de eventos e actividades para goce de tod@s @s interesad@s.

O día 4 de Agosto, no Concello de Nogueira de Ramuín teràn lugar dúas actuacións musicais dentro do circuito denominado PATRIMONIO, a primeira a cargo de MOUNQUP, às 12:00h. no catamaràn do embarcadoiro de Sto. Estevo, e a seguinte às 13:30h. a cargo de ELE, no mosteiro de Sto. Estevo.

Para màis información, recomendamos visitar a pàxina oficial da organización: www.festivalribeirasacra.com Acceso Facebook do evento , ou chamar ao Departamento de Cultura do Concello ( 988201023 - 988201525).

PECHE ESTRADA IBERDROLA (Os Peares - Central Sto. Estevo)

A compañía IBERDROLA achega un comunicado anunciando o peche temporal da estrada da súa titularidade que transcorre entre Os Peares e o cruce da Ponte à altura do río Cabe (A Barca).

O peche débese à necesidade de colocar dous guindastres de gran tonelaxe na presa de San Pedro, que ocuparàn o ancho da estrada. O corte serà efectivo a partir do día 30 de Xullo, de luns a venres, polo espazo de 3 semanas.

Os venres pola tarde e os fins de semana, se desmovilizaràn as màquinas para que a estrada quede operativa.

Alternativa I: Desde a N-120 por (C-546) A PENALBA e (OU-0555) VIñOàS, ata LUíNTRA.(Non recomendada para autocares).

Alternativa II: Desde a capital de Ourense por OU-0536 dirección Castro Caldelas.Na rotonda situada no km.7 tomar a OU-0508 ata LUINTRA.(Recomendada para autocares).

Desde LUíNTRA ata o embarcadoiro de Sto. Estevo, tomaremos a OU-0508 ata o pobo de LOUREIRO, e ahí atoparemos a sinalización para baixar ao pantalàn dos catamaràns.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalación de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga, e hidrocarburos. Anexo de cadro de Tarifas.

Ver Ordenanza en Galego
Ver Ordenanza Castelàn

Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Estrada a Nogueira , n° 3 Luintra 32160

Servizo de Axuda no Fogar

telf: 988 20 10 23 - fax: 988 20 11 20
info@nogueiraderamuin.com - aviso legal - diseño Redegal
Xunta de Galicia    Turismo de Galicia

 Valid XHTML 1.0 Transitional  ¡CSS Valido!